O cambio esta aqui’s Blog

Entrevista a Asuncion Rodriguez Paz

Posteado por: ocambioestaaqui en: Noviembre 12, 2008

microfono

1.Como eran as ruas?

Eran corredoiras, camiños, polo que era mais difícil pasar cando chovia porque se formaban lameiras.

2.Habia luz na calle?

Non, pero levábamos un facheiro de palla.

3.Tiñan corrente eléctrica?

Non, non había nin luz nin auga. Tiñamos un candil de gas ou unha vela e ainda podíamos botar unha partida as cartas. E despois cando veu a luz ainda alumbraba menos cas velas.

4.Tiñan animais?

Si.Tiñamos vacas, porcos, galiñas, bestas e ovellas.

5.Que comiades?

Pan, caldo, peixe, carne…como agora case. Pero sobre todo caldo.

6.De onde proviña?

O pan faciamolo na casa. O resto mercabamolo nas tabernas, ou algunhas mulleres vendian comida polas casas cun cesto á cabeza.

7.Como se desprazaban?

A andar. Aquí na Pobra habia un taxi que lle chamaban o “coche de cercanias”. Moito despois, cando xa era eu mais grande, habia un celta que ia pola maña a santiago e viña pola noite.

8.Como lavaban a roupa?

Levabamola ó río. Nos levabamos todo o río (a roupa, a louza…) porque nos pasaba polo lado da casa.

9.Reciclaban?

Non habia nada que reciclar. Usabamos unha botella de cristal para ir ó aceite, e o resto viña envolto en papel, e o papel ía á lareira, e as mondas das patacas e todo eso botabamosllas ós animais.

Escribe un comentario


  • Ninguno
  • ocambioestaaqui: Opinion persoal: Raquel Hermo Olveira: Eu penso que ainda estamos a tempo de frealo pero non de acabar con el de todo.Tal e como esta xa non se

Categorías