Posteado por: ocambioestaaqui en: Noviembre 13, 2008
O home primitivo podía atopar a enerxía necesaria para os seus procesos vitais nos alimentos que consumía e, doutra banda, dependía do sol como fonte de calor.
Posteriormente descubriu o lume, que aprendeu a utilizar con múltiples fins.
Pero foi a partir de finais do século XVIII, co comezo da Revolución Industrial, cando se produciu o gran cambio na pautas de consumo energético da civilización. O progreso puxo en marcha maquinarias novas para a manufacturación de innumerables produtos industriais, fabricadas masivamente. Súmaselle a isto a revolución no transporte que consome impensables cantidades de enerxía
Desde finais do século XIX, a sociedade atravesa etapas nas que o cambio e o avance tecnolóxico son as características principais. Aparece a enerxía eléctrica, os automóbiles, os avións, os motores de combustión interna, a industria química e a industria metalúrgica. Dáse lugar así á segunda fase da revolución industrial, onde os combustibles fósiles -especialmente o carbón- aportaban a enerxía primaria, sen sequera sospeitarse o grave dano que mais adiante ocasionarían.
A tendencia de utilizar carbón como principal fonte de enerxía modifícase a partir de la
Segunda Guerra Mundial, onde comeza a tomar protagonismo outro combustible fósil: o petróleo.
Actualmente necesítanse grandes cantidades de enerxía para as diversas actividades humanas: agricultura, industria, transporte, comunicacións e outros servizos que aportan confort á vida moderna. É por iso que o consumo de combustibles incrementouse espectacularmente nos últimos tempos